top of page

15ª Xornada Benxamín 7A9CAFyD A

7A9CAFyD A Vs Leis 26 Pontevedra

3-2

#lendiñafutsal: O partido comezou con dominio dividido, aínda que cunha maior presión por parte do conxunto visitante. Pouco a pouco o conxunto local tomou a iniciativa, por medio dunha gran labor do cierre, Adrián, que foi o xogador do partido, dominando a defensa local con autoridade e repartindo o xogo do seu conxunto. Nunha boa xogada de Jorge Fajardo os locais poríanse por diante, aínda que antes de rematar este período os visitantes porían as táboas no marcador.

Na segunda metade os locais tiveron moitos altibaixos, froito disto saíu un golazo, nunha xogada persoal de Jorge F. e pouco despois o empate visitante, nun disparo inapelable dende 3 cuartos de campo que se colou pola escadra. Con este resultado o 7A9CAFyD foise o ataque e tras varias ocasións erradas, apareceu Adri para enviar o esférico o fondo da portería visitante poñendo o 3 a 2 a falta de 1 minuto.

bottom of page