top of page

1ª Xª Copa Provincial 7A9CAFyD

7A9CAFyD Vs SD Nosas Rúas

1-3

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cae no seu estreo na copa ante o mesmo rival que no inicio de liga e nun partido moi similar.

O encontro comezou cos locais apertando en toda a pista a saída de balón do Nosas Rúas, que tan so era capaz de saír con balóns en largo. Os locais a pesar de levar o dominio do partido non dispoñían de ocasións claras para adiantarse e o partido disputábase principalmente no circulo central. No minuto 12, Daniel nunha moi boa xogada persoal, deixaba atrás tres xogadores locais y lograba o 0 a 1 o plantarse so ante Carlos. Tralo gol os locais aumentaron o ritmo e dispuxeron das súas mellores ocasións pero non foron quen de bater o porteiro visitantes. A falta de tres minutos para o descanso, Alfonso cun forte disparo pegado o poste dende 12 metros lograba o 0 A 2 co que se chegaría o descanso.

Na segunda metade o 7A9CAFyD saíu decidido a darlle a volta o encontro e logrou encerrar o seu rival no seu campo, xogando en varias fases do encontro con porteiro-xogador. A pesar do asedio o gol non chegaba e os minutos pasaba, tivo que ser o porterio Carlos o que marcadse o gol dos locais, nun fermoso gol pola escadra no minuto 26. Tralo gol os nosos seguian en busca do empate pero este non chegou. En cambio no minuto 38 Anxo introducia o balón na súa propia porteria nun desafortunado lance e poñía o definitivo 1 a 3 no marcador.

bottom of page