top of page

15ª Xornada Benxamin CAFyD7A9 A

ADFS Bueu A Vs CAFyD7A9 A

4-0

#lendiñafutsal: O CAFyD7A9 A paga o seu mal inicio de partido e cae no seu mellor encontro da tempada.

O partido iniciouse cos visitantes ainda nos vestiarios, e no minuto 2 por medio de Alonso, o Bueu adiantabase no marcador, tras plantarse so ante a porteria de defendida por Iker. Tan só 4 minutos máis tarde os locais conseguirían dous goles no mesmo minuto e ampliaban a renda a tres a cero. Co tercerio gol tan pronto parecía que unha nova goleada chegaría, pero non foi así o equipo sobrepuxose e comezou a loitar o partido. O marcador xa non se movería ata o descanso e ambos equipos dispuxeron de ocasións para cadar algun gol máis.

Na segunda metade o xogo dos visitantes mellorou e dispuxo de varias ocasións claras para reducir distancias. Aínda así de novo Alonso, autor de tres goles, marcaríao definitivo 4 a 0 no minuto 27. Tralo gol os nosos seguiron intentando conseguir algun tanto, pero a falta de acerto e o porterio locla desbarataban todalas ocasión dun equipo que onte deu a súa mellor versión.

bottom of page