25ª Xornada Galega Sur 7A9CAFyD
Pandiña Champion League Bar Vs 7A9CAFyD
4-3
O 7A9CAFyD cae de novo no últmo suspiro ante o Pandña en Moaña.
#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD volve caer derrotado a falta de 23 segundos para o final dun encontro que dominou de principio a fin, atopándose cos postes ata en cinco ocasións. O equipo plantexou o encontro cunha forte presión en toda a pista, que afogaba a saída de balón do Pandiña e propiciaba unha rápida recuperación e oportunidades. Os primeiros minutos do 7A9CAFyD foron moi bos e froito diso aos 7 minutos Berto inauguraba o marcador, e tan só tres minutos máis tarde Víctor ampliaba a vantaxe. Mediada a primeira metade o equipo continuaba co seu bo xogo e con claras ocasións de ampliar a vantaxe, pero tres balóns aos postes e claras ocasións marradas mantiñan o marcador con 0 a 2. Cando finalizaba a primeira metade, no minuto 18, os locais aproveitaron un erro nunha contra visitante, para plantarse nun dous contra un e reducir distancias. O gol deixo moi tocado ao 7A9CAFyD e un minuto máis tarde, unha acción similar á anterior, facilitaba o empate do Pandiña, botando por terra o bo traballo desenvolvido os primeiros 18 minutos.
Tralo descanso o 7A9CAFyD volveu a coller as rendas do partido e encerrou aos locais no seu campo. No minuto 27 tivo lugar a acción máis polémica do partido, Víctor consegue gol para o 7A9CAFyD, pero tras marcar gol, un dos árbitros o anula por entender que fora coa man, trala protestas locais. No minuto 31 Farra conseguía o 2 a 3 para os visitantes cun forte disparo desde a frontal a área. Os minutos ían pasando e o Pandiña apenas inquietaba a portería defendida por Alex, pero o 7A9CAFyD tampouco aproveitaba as súas ocasións para poñer maior distancia e ao final o acabaron pagando. A falta de 3 minutos para o final os locais logran empatar de novo o partido. Tralo gol e o tempo morto correspondente o equipo decide ir a por o partido e xogar con porteiro-xogador pero unha vez máis un erro nun saque de banda a falta de 23 segundos, facilito un disparo dende o medio campo a porta baleira que se converteu no fatídico 4 a 3.