top of page
Search

14ª Xornada Minibenxamín 7A9CAFyD

  • Writer: Grupo7a9 CAFyD
    Grupo7a9 CAFyD
  • Mar 31, 2014
  • 1 min read

Saraiba do Mar Vs 7A9CAFyD

0-2

#lendiñafutsal: O partido comezou con dominio dividido e con opcións para os dous conxuntos. O fío do final do cuarto Ruben Vázquez puxo o balón no fondo da rede, nunha xogada dentro da área rival, facendo o 0 a 1 que daba o cuarto o 7A9CAFyD.

O segundo cuarto comezou con dominio visitante e con ocasións, nunha delas culminou Ruben Pose cun gol de pillo, enchufándoa pegadiña o pao e dando o cuarto o seu equipo.

No terceiro os locais puxeron toda a carne no asador, e conseguiron poñerse por diante cun gol tempraneiro nun despiste defensivo. Pese o gol os visitantes non se viñeron abaixo, e Hugo cun potente disparo empatou o cuarto.

O derradeiro cuarto foi o mais disputado, no que houbo unha loita intensa no medio do campo pola posesión do balón, finalizando o cuarto co 0 a 0 inicial.

 
 
 

Comments


bottom of page