23ª Xª Galeg Sur 7A9CAFyD
Alianza Española Poio Vs 7A9CAFyD
4-3
#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD perde o derbi a falta de 4 segundos tras un dobre penalti máis que discutible.
O partido comezou con dous equipos plantado en media pista á espera do seu rival. Co paso dos minutos o 7A9CAFyD foise asentando na pista e impoñendo o seu xogo. Aos 8 minutos Isaac adiantaba aos nosos cunha bo disparo tras xogada persoal. Co 0 a 1 no marcador, o senón do partido puido cambiar, si unha clarísima cesión e un claro penalti a favor dos nosos fosen sinalados. Ao que ademais debemos incluír o hándicap que o equipo leva arrastrando toda a tempada, a falta de acerto cara o gol. Tras perdoar en exceso o locais aproveitaron unha das súas ocasións e no minuto 17 facían o empate co que se chegaría ao descanso.
A segunda iniciar cun xarro de auga fría, os locais adiantábanse aos 2 minutos. A pesar do golpe o equipo sobrepúxose e conseguiu devolver a igualada no minuto 26. Con empate a dous no marcador o equipo tivo ocasións dabondo para adiantarse no marcador, pero sería o Poio o que volvería adiantarse a 8 minutos para o final. Tralo 3 a 2 máis do mesmo os nosos creando e desperdiciando ocasións, ademais de atoparse con 5 faltas desde o minutos 10, boto que ao cabo sería definitivo. Os locais aplicábanse con dureza en defensa, pero os árbitros non median co mesmo rasero a uns e outros e iso ao final condiciono o resultado. A falta de 2 minutos o 7A9CAFyD colocaba o empate a 3 no marcador e íase a por o partido, pero unha vez máis desperdicio 2 moi claras ocasións de adiantarse no marcador. E cando parecía que o partido acabaría en empate un despexe no área local a falta de 4 segundos para o final dá de rebote na man dun xogador noso e concédese dobre penalti, que aproveitaron os locais para levarse os tres puntos.