top of page
Search

12ª Xornada Minibenxamín 7A9CAFyD

  • Writer: Grupo7a9 CAFyD
    Grupo7a9 CAFyD
  • Mar 18, 2014
  • 1 min read

ED Poio Vs 7A9CAFyD

4-0

#lendiñafutsal: O partido comezou con dominio dividido, pero pronto sería o Poio quen levase o mando, e pese a que o equipo visitante tamén dispuxo de ocasións, serían os locais os que se levarían o premio, en duas xogadas de perigo nas que a sorte correu do seu bando.

No segundo cuarto os visitantes saíron amedrentados e pagárono perdendo o cuarto, aínda que dispoñendo de ocasións para meter gol.

No terceiro, os ánimos estaban polo chan e desapareceron a maioría de xogadores visitantes, facendo que os locais se viñesen arriba e gañasen o cuarto con autoridade.

O derradeiro cuarto foi na mesma tónica do partido e tamén foi asignado para o conxunto local. 4 a 0 que deixa o 7A9 CAFyD coa moral un pouquiño baixa, nada que non se solucione cunha boa dosis de ánimos. Forza equipo!!!

 
 
 

Comments


bottom of page