top of page

12ª Xornada Benxamín 7A9CAFyD A

ED Poio Vs 7A9CAFyD

4-3

#lendiñafutsal: O partido comezou cun equipo visitante moi desconcentrado, o que pagaron cun gol os 20 segundos e outro os poucos minutos. Con 2 a 0 no marcador un tempo morto e unha charla cambiou a dinámica, foi nese momento cando o 7A9CAFyD comezou a xogar, deleitando cuns minutos espectaculares mostrando a súa mellor versión e acurtando diferencias por medio de Santos. Antes de chegar o descanso o Poio ampliaría a diferencia e xusto co tempo cumprido voltarían os visitantes a acurtar a vantaxe e situar o 3 a 2 o descanso.

Na segunda metade os visitantes tiveron moitos altibaixos pero loitaron polo partido. No minuto 27 o conxunto local ampliaba a vantaxe, o que facía mais difícil a remontada. O 7A9CAFyD tentouno, pero xa era tarde, e aínda cun gol no 39 de Jorge González non foi suficiente para puntuar. 4 a 3 o final do partido que nos deixa un sabor agridoce, o equipo pode pero so funciona cando se lle ven as orellas o lobo.

bottom of page