11ª Xª Minibenxamín 7A9CAFyD
- Grupo7a9 CAFyD
- Mar 11, 2014
- 1 min read
7A9CAFyD Vs AR Xeve
3-0
#lendiñafutsal: O partido comezou co dominio en pista dos locais pero sen plasmalo no resultado, sen crear excesivo perigo o que finalizou cun 0 a 0 no primeiro cuarto.
No segundo cuarto Hugo, Richi e Antón fixeron 3 goles que fixeron que o cuarto fora favorable os locais, dominando e impoñendo a calidade e o bo trato do balón do conxunto.
No terceiro cuarto, Hugo comezou co seu recital marcando un gol no comezo deste período, pero unha contra visitante poría o medo no corpo, serían Hugo e Antón os encargados de sentenciar o cuarto cun 3 a 1.
No derradeiro cuarto xa co partido sentenciado, Hugo e Richi de novo porían un 2 a 0 que sentenciaban o cuarto, aínda así o Xeve daría o derradeiro coletazo no minuto 39 poñendo o 2 a 1 neste cuarto.
3 a 0 para os locais nun gran encontro que da esperanzas na loita polo título.
Comments