9ª Xornada Prebenxamín 7A9CAFyD A
7A9CAFyD A Vs ADFS Bueu A
4-0
#lendiñafutsal: Partido correspondente a 9ª xornada da Liga prebenxamín, adiantado ó Xoves 13 de Febreiro no pavillón do Sequelo, por mor da saturación de partidos na casa do 7 A9CAFyD esta xornada. Enfrontáronse o 7 a 9 CAFyD A e o ADFS Bueu.
O partido comezou con dominio e bo xogo do 7A9CAFyD que se correspondeu rapidamente con goles, marcaron, Joel, Dani T. e Gonzalo. O 7A9CAFyD tocaba e tocaba sen dar practicamente opcións o ADFS Bueu que o intentaba. Froito dunha contra ben levada o Bueu marcou o seu goliño o que poría un 5 a 1 neste cuarto que se asignaban os locais.
Nos seguintes cuartos o dominio do 7A9CAFyD seguía sendo claro, con boas xogadas colectivas, nas que o equipo tocaba o balón e quedaban en posición clara os artilleiros locales para finalizar. Pese a que se fallou moito de cara a porta, fixeron goles neste partido Uxio, cun bo tiro desde a frontal, Marcos Pastoriza, que demostrou unha gran melloría dende o inicio da liga, o que o leva a titularidade en cada partido, tamén anotou o seu goliño David A., nunha xogada dentro da área que finalizou ó fondo da portería. Marcos Muras que fixo o gol da xornada cunha fermosa vaselina e Isaac que tamén demostrou neste partido o seu bo olfato goleador.
Destacamos tamén unha boa actuación do meta Dani Barreiro que se tivo que poñer as luvas por mor dunha indisposición do meta Pedro, facendo un bo traballo e tendo moi boas intervencións. Bo partido dos dous equipos e bo resultado para os locais que fai que non se descolguen da zoa alta da táboa clasificatoria.