19ª Xornada Galega Sur
Mondariz FS Vs 7A9CAFyD
5-0
#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD onte tivo un día aciago, durante toda a primeira metade, non foi capaz de contrarrestar o xogo directo que propuxo o seu rival. O partido foi bronco e aí os nosos saíron perdendo, non fomos capaces de aproveitar ningunha ocasión, e si, tivéronse, pero o rival mostrouse máis certeiro de cara a portería.
O partido comezou co 7A9CAFyD circulando o balón e apertando ao Mondariz en 3/4 de pista pero os locais saían unha e outra vez con balón longo e aproveitando a súa segunda xogada. Aos 4 minutos o primeiro gol, un mal despexe, un xogador que se coa entre tres defensores e pase ao seu compañeiro Miguel, erro na saída do porteiro e este empuxaba só na frontal. Tralo gol os locais seguiron ao seu, xogo directo e os nosos non aproveitaban as ocasións que creaban. Aos 9 minutos un novo gol, Juan facía unha parede en media pista e plantábase só antes Néstor ao que fusilaba cun disparo raso ao segundo pau. O equipo sobrepúxose ao mazazo e seguiu xogando e intentándoo unha e outra vez pero a falta de 5 minutos dous novos goles case sentenciaban o partido. David no 15, nun erro na saída do porteiro e Miguel no 16 tras unha máis que clara falta, colocaban o 4 a 0 co que se chegaría ao descanso.
Na segunda metade o equipo melloro sustancialmente, creo ocasións e inténtoo todo, pero onte non era o día, unha e outra vez o 7A9CAFyD erraba de cara a portería. En cambio o Mondariz, pronto atopou o seu premio, e no minuto 24 nun disparo ao primeiro pau, Juan poñía o que ao cabo sería o último gol do partido. A falta de 8 minutos os visitantes intentárono xogando con porteiro-xogador pero do mesmo xeito que todo o encontro non aproveitaron unha soa das súas ocasións. Dura derrota nesta volta á competición tras dúas xornadas con partidos aprazados.