top of page

7ª Xª Benxamín 7A9CAFyD A

Feb 2, 2014
1 min read

7A9CAFyD A Vs Col. Santiago Apóstol

2-2

#lendiñafutsal: Partido correspondente a 7ª xornada de liga, que enfrontaba o 7A9CAFyD A e o S. Apóstol no pavillón do Sequelo.


O partido comezou, con dominio local, pero os poucos minutos o S.Apóstol golpearía cun tanto, que fixo que os locais se viñesen abaixo. A partir de aí o 7A9CAFyD tentouno, pero sen éxito fallando ocasións claras, por falta de ambición, pagárono caro cun gol que poría o 0 a 2 ó descanso.


Na segunda metade o conxunto local comezou con forza, metendo un golazo Santos, de boa xogada colectiva. Aí animouse o encontró, e os locais tiveron moi bos minutos, dominando toda a segunda metade. Cerca do final, unha xogada colectiva, rematou con varios tiros e o final, Santos, rematouna dentro e poríase así o 2 a 2 final, aínda que sen antes rematar con tensión o partido, que se volvía de ida e volta, cos dous conxuntos buscando os 3 puntos.

 
 
 

Comments


bottom of page