top of page

7ª Xornada Prebenxamín 7A9CAFyD B

Feb 2, 2014
2 min read

7A9CAFyD B - Col. SEK Atlántico

1-1

#lendiñafutsal: Partido pertencente a 7ª Xornada da liga Prebenxamín Grupo II, no que se enfrontaba o líder, C.Sek Atlántico e o 4º clasificado, o 7A9CAFyD B no pavillón da Raña.


O equipo local, o 7A9CAFyD B, que viña mermado polas baixas de varios xogadores tivo que dar todo para aguantar as embestidas do líder. O primeiro tempo comezou cos locais moi nerviosos, costandolle sacar o balón controlado, aproveitouno o C.Sek para marcar dous goles, o fío do fin do cuarto que lles daría vantaxe no parcial.


O segundo tempo comezou con vantaxe para os visitantes, pero Pedro nunha contra no minuto 2, poría a igualdade no marcador. O partido foi de ida e volta neste cuarto e pese as boas ocasións para os dous conxuntos, rematou con igualdade. Chegaba a metade do partido, e o C.Sek ía con vantaxe nos parciais.


O terceiro cuarto comezaba cunha cesión e tras un tempo morto para facer a xogada de estratexia, Gabriel e Pedro executaron o libre indirecto espectacularmente, enviando Pedro o esférico a escadra da portería visitante. Os dous minutos nunha contra o C.Sek poría a igualdade no marcador. A dous minutos do remate do tempo regulamentario o arbitro decretaba o final, tras comprobar o tempo correctamente reanudouse o partido, e nunha xogada rápida, Pedro facía o 2 a 1 que lle asignaba o parcial o 7A9CAFyD B e poñía a igualdade nos parciais.


O último tempo presentábase animado, o 7A 9CAFyD B, puxo todo sobre o campo e deu mostras do bo equipo que ten, foi no minuto 36, cando Pedro por quinta vez enviaba o esférico ó fondo da rede da portería visitante, dando vantaxe os locais, pero quedando 15 segundos para rematar, un erro colectivo supuxo un roubo o borde da área que poría as táboas no marcador do parcial e no marcador do partido. 1 a 1 final no pavillón da Raña nun partido apaixónante.

 
 
 

Comments


bottom of page