14ª Xornada Provincial
7A9CAFyD Vs Redondela FS
1-1
#lendiñafutsal: O equipo de provincial segue a crecer, e puntúa por segunda xornada consecutiva por primeira vez na tempada.
Unha parte para cada equipo, así se resume o encontro. Na primeira metade o Redondela levou o control do partido, mantiña a posesión do balón e creaba boas ocasións. Mediado o tempo de xogo o Redondela golpeou e adiantouse no marcador. O gol sacou o mellor do 7A9CAFyD e Isaac por dúas veces perdoaría o empate antes do descanso.
Na segunda metade os locais mantiveron o tipo e amosáronse máis descarados nas transicións ofensivas. A falta de 13 minutos para o final, Maka facía o empate nunha boa xogada con porteiro-xogador.
Reparto de puntos final e un bo punto para o 7A9CAFyD que recorta distancias e ten a un só punto abandonar a última praza.



























Comments