top of page

16ª Xornada Galega Sur

7A9CAFyD Vs Marcón FSM

7-6

GALEGA SUR

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD e o Marcón protagonizaron un partido moi igualado e intenso cun total de 13 goles. O público asistente, á Raña gozou dun gran partido, con dous equipos volcados de cara ao gol.


Os visitantes golpearon primeiro e aos 6 minutos adiantábanse, cun disparo desde a frontal. O gol espolou aos locais que tomaron o mando do partido, e conseguiron empatar ó mesmo aos 14 minutos, por medio do debutante Marcos. A falta de dous minutos para o descanso o Marcón aproveitaba un despiste local para situar, o 1 a 2 co que se chegou ao intermedio.


Na segunda metade o 7A9CAFyD aumentou a súa intensidade e elevou a liña de presión a 3/4 de pista, afogando aos visitantes. Aos 24 minutos Guille, empataba o partido cun disparo cruzado ao segundo pau, e dous minutos máis tarde Millán daba a volta ao marcador nunha boa xogada colectiva dos locais. O Marcón non baixou os brazos, e no 28 volvía poñer a igualada no marcador. Un minuto despois, os locais volvían á carga e Isaac adiantaba de novo ao 7A9CAFyD cun bonito gol de vaselina. O intercambio de golpes continuaba, e os visitantes colocaban de novo o empate no minuto 30, ofrecendo 3 minutos frenéticos aos asistentes. Tras eses minutos sen control, os locais retomaron a iniciativa e controlaban o tempo do partido. A falta de 5 minutos, Abel adiantaba de novo aos locais e no mesmo minuto José Ramón ampliaba a distancia a dous goles. Co 6 a 4, o partido non terminara e nunha desafortunada xogada Berto introducía o balón na súa propia portería e devolvía a emoción ao partido con 4 minutos por xogar.


Os locais non quería deixar escapar a vitoria e a falta de 2 minutos Isaac cun forte disparo cruzado á escuadra colocaba de novo a diferenza en dous goles. A partir de aí os visitantes xogáron con porteiro xogador e a falta de 23 segundos para o final facían o 7 a 6 definitivo.

bottom of page