top of page

15ª Xornada Galega Sur

Verín FS Vs 7A9CAFyD

GALEGA SUR

¿QUERES ACABAR O PARTIDO?

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD non pode contra todo e acaba perdendo o partido. A falta de 5:20 os visitantes vencían 1 a 4 e terminaron encaixando un parcial de 6 a 0 nun final bochornoso por parte do estamento arbitral.


¿Queres acabar o partido? a resposta é sinxela, ¡SI!. e queremos dicilo ben alto.


A actuación de onte do equipo arbitral foi totalmente desproporcionada, ao longo de todo o encontro, tendo o seu culmen a falta de 1:52 para o final, con empate a 4 no marcador. O equipo local pide tempo morto e un dos árbitros diríxese ao noso adestrador nos seguintes términos: "Adestrador: Queres acabar o partido? Trala resposta do noso adestrador, preguntándolle si estábao ameazando, o señor colexiado respondeulle, expulsándoo do partido. Desde o club queremos dar apoio o noso adestrador, tralo trato vexatoria recibido ao longo de todo o encontro de onte.


O partido comezou co 7A9CAFyD moi ben situado en media pista e mantendo o control do xogo. Nunha xogada illada os locais do Verín golpearon primeiro, adiantándose no marcador aos 7 min. A pesar do gol os visitantes non se descompuxeron e mostraron a súa mellor versión. afogando ao seu rival e anotando un parcial de 0 a 3 en tan só tres minutos. O 1 a 3 obra de Jacobo, executado nunha maxistral contra tres contra un, finalizada ao segundo pau, dáballe tranquilidade ao equipo. Malia a gran superioridade do 7A9CAFyD, os locais seguían vivos no partido e moita culpa diso, onte, tivérona os que non a teñen que ter. Aos 10 minutos colocaron ao equipo con 5 faltas e a falta de 3:47 inventáronse un dobre penalti a favor do Verín que logro atajar Alex.


Na segunda metade o partido mantiña o mesmo guión e aos 32 minutos Abel aumentaba a distancia colocando ao 1 a 4. A partir de aí valeu todo, os locais paraban aos de 7A9CAFyD con claras faltas que non se pitaban, concedíanse córner inexistentes, sacábanse todo tipo de tarxetas un total de 6 en contra, en toda a segunda parte, e sempre había unha mala resposta para todo.


O final foi estrepitoso, tras expulsar ao noso adestrador e con empate a 4 no marcador. Os locais envorcábanse xogando con porteiro xogador. Nun balón elevado e dividido, en media pista, Isaac gaña o salto de cabeza e logra rematar a portería. Saque de porta é o que debía pasar, pero ¡NON! Inexplicablemente concédese dobre penalti e o Verín consegue dar a Volta ao partido. Ese último minuto de partido xa sobraba, os nosos estaban fóra do Partido, ¡BOTÁRONOS! con decisións que unha e outra vez ao longo do partido condicionárono. Dous goles máis anotaron os locais, a falta de 35 e 15 segundos, cos nosos xogando de 5 descorazonados ante o que viviran.


bottom of page