Crónica 3ª Xornada Benxamín C
- Grupo7a9 CAFyD
- Dec 17, 2013
- 1 min read
ED Cotobade - CAFyD7A9 A
#lendiñafutsal: Partido Pertencente a 3ª xornada da liga Benxamín.
O partido comezou con dominio Local, ainda que o CAFyD7A9 A, cunha boa defensa repelía os ataques e incluso creaba moito perigo a contra con saídas en velocidade polas bandas. Esta foi a tónica durante toda a primeira metade que remataría con 0 a 0.
Na segunda metade o equipo local comezou forte e aproveitou 3 erros defensivos para poñerse 3 a 0, aínda así o CAFyD7A9 A, non se deu por vencido e no minuto 36 marcaría un gol que daba esperanzas dunha remontada, remontada que se tentou botando o equipo arriba e creando as mellores ocasións dun bo partido. O tempo íase esgotando e as forzas visitantes acababan o que propiciou que nunha contra o equipo local lograra o definitivo 4 a 1.
Noraboa o noso equipo que mostrou unha gran melloría no xogo, sobre todo unha mellor colocación táctica, que fan que desexemos voltar das navidades para seguir con este bo xogo. Boas Festas!!!
Comments