top of page

Crónica 12ª Xornada Galega Sur

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cae ante o A. Leiro C. Mos nun partido marcado polas baixas dos locais. O xogador de campo, Víctor tería que exercer de porteiro debido ás baixas de ambos porteiros de Galega e o sub-23 de provincial. Pelao e Farra chegaron in extremis ao encontro, con tan só 1 adestramento e finalmente, 3 xogadores do filial tiveron que subir co primeiro equipo para poder completar a convocatoria. O equipo malia as circunstancias saltou ao terreo de xogo coa intención de facer fronte a un dos mellores equipos da categoría. Os locais alternaron durante os primeiros 8 minutos o ataque posicional, co xogo de 5, pero os erros xogando con porteiro-xogador propiciaron 2 goles, que sumados ao conseguido en xogada polo Mos, colocaban o 0 a 3 no marcador. A falta de 4 minutos para o descanso, unha inexplicable cesión sinalada en contra, situaba o 0 a 4 antes do descanso. A falta dun minuto para o descanso e tras unha primeira parte con señalizacións máis que discutibles, o noso adestrador e un xogador rival discuten, pero a decisión unha vez máis é discriminativa, e decídese expulsar ao noso adestrador e deixar sen sanción algunha ao xogador rival. Na segunda metade o equipo saltou con ánimos renovados e coa intención de mostrar a súa mellor versión e así foi durante moitos minutos. Aos dous minutos da segunda metade, Abel reducía distancias e víase o mellor xogo dos locais. Varias ocasións claras tiveron en xaque á defensa visitante pero os locais non acertaban. Co paso dos minutos unha vez máis os que non deben ser os protagonistas convertéronse neles, os visitantes explotaban a súa experiencia e sacaban faltas máis que discutibles, que aos poucos foron sacando aos nosos do partido. Ata catro dobres penaltis en contra sufriu o equipo ao longo do partido. Cos nosos cada vez máis desesperados e vendo que non conseguían achegarse máis no marcador chego a sentenza. No minuto 35, o Mos lograba dous goles máis que deixaban o partido visto para sentenza. Un gol máis no último minuto para os visitantes colocaba o definitivo 1 a 7 e daba os tres puntos aos visitantes.

bottom of page