Crónica 9ª Xornada Provincial
Cesures FS Vs 7A9CAFyD
#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cae en Cesures no último suspiro e deixa escapar a oportunidade de lograr o seu primeiro punto. Enfrontábanse os dous últimos da categoría e ningún dos dous quería perder, e esa ansiedade marcou o partido. Ambos equipos xogaron coa precaución defensiva como máxima, e as defensas impoñíanse aos ataques. Na primeira parte, os locais saíron con maior ímpetu en busca dos nosos, e aos 4 minutos inauguraban o marcador. Catro minutos despois conseguían un novo gol que ampliaba a distancia, pero tan só dous minutos máis tarde, Pablo inauguraba o casilleiro visitante e colocaba o 2 a 1 co que se chego ao descanso. Na segunda metade os noso saíron decididos a lograr os seus primeiros puntos e aos 3 minutos, Guille empataba o partido. Tralo empate o partido pasou a ser de ida e volta con ocasións para ambos equipos, pero o marcador non se movería ata os instantes finais. A falta de dous minutos para o final os locais adiantábanse de novo, pero o 7A9CAFyD estaba decidido a sacar algo positivo e logrou de novo o empate no último minuto. Cando parecía que habería un reparto de puntos un discutido dobre penalti a favor dos locais desnivelou a balanza e propicio a vitoria do Cesures.