top of page

Crónica 2ª Xornada Cadete

ED Poio Pescamar Vs 7A9CAFyD

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cae en Poio nun partido bronco.


Dende o inicio do encontro os locais impuxeron unha forte presión que o 7A9CAFyD lle costou contrarrestar. Tras 15 minutos de asedio local chegou o primeriro gol do partido nun erro no saque dunha falta que deixaba o balón na frontal os locais. A pesar do gol os nosos seguiron saindo con perigo a contra e xunto cando ia finalizar o primeiro tempo chegou o empate obra de Juan.


A segunda metade viu cargada de polémica, no primeiro minuto os locais adiantabanse de novo e continuaban ca sua presión. No minuto 31 chegou unha decisión inexplicable, contra dos nosos e falta dos locais que provoca a perda do balón eademáis gol nese roubo en falta. Tras sinalar o gol o arbitro adxudicalle unha falta posterior os locais, ¿onde esta a vantaxe despois de recibir un gol? Os nosos acusaron ese golpe e tan so un minuto despois volverian marcar os locais. Co 4 a1 os nosos reaccionarón en no minuto 40, Sebas reducia distancias con 10 minutos por diante, pero de novo emerxeu a figura arbitral. Decide expulsar o noso adestrador en dous xogadas idénticas, nas que os xogadores piden paso ou distancia e o árbitro se nega a pitar. Tras solicitarlle en ambas ocasións que pite recibe duas amarillas que o mandan a grada. A partires de ahí os nosos foronse do partido pero o maior desacerto chegou neses ultimos minutos. Dende ese instante cada vez que os locais pedían pasos sí se pitaba para reanudar o xogo, pero non así cos locais.


Cobre salientar que o vivido onte non esta acorde a un partido de cadetes e dende o club creemos que o corpo árbitral debe pensar seriamente que: Para ser respetados, hay que respetar primeiro, xa que todos formamos parte do xogo e o respeto no é unidireccional.



bottom of page