Crónica 11ª Xornada Galega Sur
Cafetería Luar Vs 7A9CAFyD
#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD ante o Cafetería Luar nun partido marcado polas lesións. O equipo viaxaba a Ponteareas con só oito compoñentes do equipo, e ademais de caer derrotado, tráese dúas baixas máis que deixan ao plantel moi mermado con oito lesionados nas súas filas. O partido iniciase con dous equipos esperando en media pista ao seu rival, tralos primeiros 5 minutos o 7A9CAFyD adiantou a súa presión a tres cuartos en busca do área rival. A partir dese momento as ocasións comezaron a chegar pero outra vez máis o talón de Aquiles deste equipo, a falta de acerto, condenou ao equipo. Aos oito minutos, José, aproveitaba unha contra para adiantar ao Luar e cinco minutos despois, un erro nun despexe do porteiro, propiciaba o segundo, obra de Blas coa portería baleira. No minuto 15 José Ramón reducía distancias e colocaba o 2 a 1 co que se chegaría ao descanso. Nesta primeira metade, Isaac lesionábase aos 12 minutos e non podía continuar o que deixaba ao equipo con só dous cambios. A segunda parte comezou cos locais máis metidos no partido e conseguían dous novos goles que lles distanciaban no marcador. Ademais no minuto 25 o porteiro Alex lesionábase e obrigaba a parar o partido durante 10 minutos para ser atendido, malia os seus intentos por continuar, tivo que ser substituído por Víctor o que aínda limitaba máis o mermado equipo visitante. Malia tódolos contratempos o equipo repúxose e logrou dous goles que situaban o 4 a 3 no marcador, a falta de 6 minutos. Co equipo tomando riscos e cun xogador de porteiro chego un novo mazazo, no minuto 37 Blas colocaba o 5 a 3 que parecía insalvable vista a situación, pero o equipo repúxose de novo e un minuto despois Abel volvía reducir distancias. Nos últimos dous minutos os nosos encerraron ao equipo local en busca do empate pero unha vez máis a falta de acerto propiciou a derrota.