Crónica 6ª Xornada Local
#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cae nun partido marcado polo aspecto físico.
O Valga saíu ao partido cunha presión en toda a pista que pronto deu os seus froitos e aos 5 minutos adiantábase no marcador. A pesar do gol o 7A9CAFyD comezou a tomar o control do partido e a circular o balón para saír da presión. Aos poucos os visitantes achegábanse con máis perigo e no minuto 21 Anselmo devolvía a igualdade ao marcador. Cando parecía que se chegaría con táboas ao descanso un erro de marca defensiva propicia o segundo gol do Valga e que chegasen cunha mínima vantaxe ao tempo de descanso.
No primeiro minuto da segunda metade Diego cun disparo que desviou un defensa ampliaba a vantaxe para o Valla. O 7A9CAFyD non se descompuxo a pesar do gol e gozou de oportunidades para achegarse no marcador. A pesar do bo xogo e as ocasións o partido fíxose demasiado longo para os visitantes e nos últimos 10 minutos o maior fondo físico local sobrepúxose e conseguiron 3 goles máis que deixaban o partido visto para sentenza.