Crónica 10 ª Xornada Galega Sur
#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cede un empate ante o Pandiña mercé a un inexistente penalti nas postrimerías do encontro. O equipo local saíu desde o inicio en busca do partido e plantexou unha presión en toda a pista que afogou o xogo dos visitantes. O 7A9CAFyD dominaba o encontro e as ocasións sucedíanse, pero entre a falta de acerto, os paus, un total de 4 e a boa actuación do porteiro visitante provocaron que o marcador non se movese en toda a primeira metade. A segunda parte continuo co guion da primeira, os locais asediaban ao Pandiña pero o gol resistíase. No minuto 32 un disparo de Nando facia xustiza e adiantaba ao 7A9CAFyD no marcador. O gol asentou aínda máis aos locais que continuaban coa súa presión e xerando ocasións de ampliar a vantaxe. Pero o infortunio cebouse de novo cos locais e a falta de 1:52, nunha das poucas chegadas do Pandiña, sinálase un inexistente penalti que Esteban transformaba situando as táboas no marcador. Tralo empate o equipo saíu de 5 en busca dun novo gol pero o marcador non se movería. Malia a desacertada decisión, o equipo cedeu dous punto debido á súa falta de acerto ao longo de todo o partido. Finalmente apuntar que o partido serviu de colofón a unha xornada de colaboración humanitaria co Pobo Filipino e durante toda a xornada de futsal do sábado se recaudaron fondos que seran entregados á longo da semana ás fillas da caridade de Marín.